Bronce para Roberto Rodríguez no Campionato do Mundo Vet+40

Do 6 ao 13 de agosto celebrouse en Lisboa o Campionato do Mundo de Veteranos +30,+35,+40,+45.

Gran resultado do xogador Roberto Rodríguez no Mundial de Vet+40 que, aínda que unha lesión lle impediu rematar o seu partido de semifinais ante o francés Nicolás Tourte, logrou a medalla de bronce tras vencer na terceira rolda a Franco Mata por 6-3 6-4, na cuarta rolda o alemán Carsten Groeger 6-4 6-2 e en cuartos ao arxentino Federico Pontarolo 6-3 5-7 6-2.

Resultados destacados dos xogadores galegos que participaron no Mundial de Veteranos (30,35,40,45)

  • Vet+35

O xogador David Vidal do Club de Campo de Vigo perdeu na primeira volta contra Héctor Barriga (CHI) por 6-0 6-1

  • Vet +40

Miguel Casal Arantes do Club Family Los Tilos logrou pasar á cuarta rolda tras vencer na primeira ao portugués Hugo Amaral por 6-1 6-1, na segunda volta ao alemán Andrés Lux por 5-7 6-3 7-6(4), no terceira rolda a Pablo Rojas-Holch (CHI) por 6-0 6-1, na cuarta volta Miguel caeu ante David Hedengren (SUE) 6-2 6-4.

  • Vet +45

Eduardo Serrano do Club Tenis Coruña caeu na primeira volta ante De Villiers Kroon (RSA) 6-2 6-2, o seu compañeiro Ricardo Álvarez perdeu na primeira volta contra Mijaíl Georgiev por 6-6(5) 1-6. Ángel Fantova do Sporting Club casino Coruña perdeu na primeira volta por 6-3 6-0 ante Ryan Pang (EEUU). Julián Besteiro Álvarez do C.Dep. O Dereito Empresariais perdeu na primeira volta contra Matías Epilfanio (BRA) por 6-2 6-2

Gonzalo González do Polideportivo D10 impúxose a Alejandro Lliev por 6-2 6-0 na primeira volta, na segunda non logrou vencer ao alemán Wojtek Bratek e perdeu por 3-6 6-0 6-2.

Antón Díaz Longa do CD Universidade de Vigo, gaño na primeira volta a Duncan Home por 2-6 6-4 6-4 , na segunda rolda perdeu ante Gabriel Keymar (CHI) por 6-1 e 6-1 .

  • Dobre Vet+45

A parella formada por Antón Díaz y Ángel Fantova gañou a primeira volta contra Mihir Mankad (INDIANA) e Igor Rahlins (LAT) 6-1 1-4 (Retirado), na segunda volta contra Tuomas Manisto (ALETA) e Veli-Pekka Mannisto perderon por 6-2 6-0

  • Dobre Vet+40

Formando parella Miguel Casal y Roberto Rodriguez Chegaron aos cuartos de final tras vencer na segunda volta á parella formada por Marc Felius e Bernardo Jonkman (NED) por 4-6 6-2 10-4, enn cuartos de final perderon contra os alemáns Andres Lux e Matías Schramm por 6-1 6-2.

  • Mixto +45

Ángel Fantova formando parella coa francesa Virgine Vandermersch, perderon na segunda rolda contra Yumi Kanernoto e Masahiro Sato (JPN) por 6-2 7-5

Comparte