Resultados dos Galegos no Campionato de España Cadete de Tenis 2023

Do 19 ao 25 ​​de xuño celebrouse no Club Tennis Vic (Barcelona) o Campionato de España Cadete de Tenis, no que participaron os seguintes xogadores galegos:

  1. Emma Baliña Rodríguez
  2. Clara Aramillet Martínez
  3. Aranai Martínez Quintana
  4. Blanca Trillo Pita da Veiga
  5. Nicolás Bellas Panadero
  6. Andrés Pereiro López

Capitán: Pepe Vales

Resultados:

En categoría individual feminina, Emma (actual campioa galega cadete) perdeu na segunda volta do cadro final ante María Palacios 6-2 0-6 6-2, ao igual que Aranai que tamén perdeu na segunda volta ante Marina Gatell 7-5 6-1. Tanto Blanca como Clara perderon na primeira volta do cadro final.

En dobres feminino, Clara Arambillet, facendo equipo con Blanca Trillo, perderon en cuartos contra M. Teixido e M. Gatell por 6-3 7-5. Aranai Arambillet, formando parella con A. González, quedou ás portas da final tras perder en semifinais ante C. Esqiva e M. Picó por 6-3 6-7(5) 10-7

Na categoría individual masculina, Nicolás (actual campión galego cadete) perdeu na primeira volta ante Diego Berges por 6-4 2-6 6-2 e Andrés quedou a un paso dos cuartos, caeu en oitavos de final ante Sergio Planella por 6-4 7-6(7).

Na categoría de dobres masculino, Nicolás formando parella con J. Cuevas perdeu na primeira volta ante A. Jiménez e X. Palomar 6-3 6-0, a parella formada por Andrés Pereiro e R. Pérez tamén perdeu na primeira volta. ante A. Climent e H. Tomas por 7-6 (5) 6-2.

Parabéns a todos os xogadores

Comparte