Resultados da Selección Galega no Campionato de España de Tenis por Equipos Sénior de Comunidades Autónomas 2023

O Campionato de España de Tenis MAPFRE por Equipos Sénior de Comunidades Autónomas rematou no Club Deportivo Font de Sa Cala, Font de Sa Cala (Mallorca) do 17 ao 21 de maio.

Estes/as foron os/as xogadores/as que formaron a selección galega:

Selección Galega Feminina:

  • Clemen Abalde Comesana
  • Paula García Tenorio
  • María Sicre Romero
  • Olga Fernández Castieira
  • Teresa Castro Jorreto

Selección Galega Masculina:

  • Nilo Rubén Pérez Calo
  • José Luis Vilar García
  • Jorge Pablos Benavides
  • Juanma Martínez Mateos
  • Alejandro Martínez González

Resultados:

Os equipos campións foron: na categoría feminina a Federación de Tenis de Madrid, sendo subcampión a Federación Catalá de Tenis; na categoría masculina Federación de Tenis de Madrid nunha disputada final ante a Comunidade Valenciana.

Os nosos representantes en categoría masculina perderon na primeira volta ante unha selección moi forte de Islas Baleares. A continuación, no cadro de consolación, enfrontáronse á selección Cántabra de tenis perdendo por un axustado resultado de 2/3.

En categoría feminina, as nosas xogadoras enfrontáronse á Federación Vasca de Tenis, cabeza de serie número 3, perdendo este encontro e pasando ao sorteo de consolación. Neste enfrontáronse á selección canaria de tenis, á que gañou 3/1, perdendo despois en semifinais por un máis que axustado marcador de 2/3 ante a selección cántabra de tenis.

Parabéns a todos os xogadores pola súa exquisita deportividade e espírito loitador, parabéns!

Comparte