Publicados os Calendarios das Competicións por Equipos

Infórmase a todos os equipos que xa foron publicados os calendarios para as seguintes categorías:

  • Campionato Galego por Equipos Veteranos + 35 masculino.
  • Campionato Galego por Equipos Veteranos + 55 masculino.
  • Campionato Galego por Equipos Veteranas + 40 feminino.
  • Campionato Galego por Equipos Cadete masculino.
  • Campionato Galego por Equipos Cadete Feminino

As concentracións da Copa Galega por equipos benxamín masculino e feminino están programados para a fin de semana do 1 e 2 de novembro.

Lembrámoslles a todos os equipos, capitáns e xogadores que a xestión de incidencias se leva a cabo do seguinte xeito:

  • De luns a venres ata as 12:00 enviando un correo electrónico a info@fgenis.net.
  • De venres ás 12:00 a domingo chamando ao xuíz de fin de semana ao 662683850.
  • Do mesmo xeito, reiteramos que non se permiten adiamentos por acordo mutuo e que deben solicitarse como se indicou anteriormente.

Finalmente, recomendamos que todos os capitáns e xogadores revisen o regulamento básico e o regulamento específico das competicións nas que participan.

Comité de Competición
Federación Galega de Tenis

Comparte