Programa de Tenis Profesional. Xustificación Gastos.
Ata o 30 de decembro pódese enviar o formulario e os gastos do Programa de Tenis Profesional.
Os requisitos deste programa son:
- Ter licenza pola FGTenis.
- Ser galego, ou ter un mínimo de 2 anos de residencia en Galicia.
- Residir no ano en curso en Galicia.
- Participar en polo menos 6 probas do circuíto WTA-ITF Feminino, ATP-ITF masculino .
- Participar no Campionato Galego de Absoluto.
- Participar nas probas internacionais que se celebren en Galicia.
- Participar en campañas publicitarias, recepcións ou clínics organizados pola FGTenis.
- Representar a FGTenis nas posibles seleccións autonómicas.
Os torneos que son susceptibles para presentar os gastos son:
- ITF WOMEN´S WORLD TENIS TOUR
- ITF MEN´S WORLD TENIS TOUR
- CIRCUÍTO WTA
- CIRCUÍTO ATP
O procedemento será o seguinte:
- Envío do formulario con todos os torneos de referencia do programa. Para cada torneo tendes que enviar un novo formulario.
- Envío a info@fgtenis as facturas, tickets, etc., que xustifiquen o gasto. Para cada un dos torneos, enviar unha carpeta separada cos gastos. No asunto do correo, tendes que por o nome do xogador/a e Tenis Profesional.