Programa Indemnizatorio de Gastos por Resultados
O 2021/30/04 remata o prazo de envío de gastos por resultados do ano 2022.
É necesario cubrir un novo formulario para cada resultado destacado, agás para os Campionatos de España, onde todos os resultados deben seleccionarse na táboa do formulario.
Na seguinte ligazón podes consultar a normativa completa do programa:
As condicións do programa son:
- Licenza Federativa en vigor pola FGT.
- Representar á FGT.
- Participar nas actividades propostas pola FGT.
- Permitir o uso da imaxe e actos promocionais.
- Disputar o campionato galego da súa categoría e o campionato galego absoluto.
- Orzamento máximo para o programa de 4000 €. No caso de superar o orzamento destinado a este programa, aplicarase un coeficiente redutor que se asignará a cada xogador/a.
Para os torneos nos que a Federación Galega de Tenis organice unha viaxe, non se poderán presentar os resultados do devandito torneo coas seguintes excepcións:
- Que o número de prazas ofertadas non cubra a demanda.
- Valoración do comité técnico das condicións particulares do xogador/a.