Programa de tenis profesional

Este programa está dirixido a todos os xogadores galegos con licenza pola Federación Galega de Tenis que participen no circuíto profesional de tenis

As condicións para acceder a este programa son as seguintes:

  • Ter licenza pola FGTenis
  • Ser galego/a ou ter un mínimo de 2 anos de residencia en Galicia.
  • Residir no ano en curso en Galicia.
  • Participar en polo menos 6 probas no circuíto WTA-ITF-ATP.
  • Presentar un calendario de competicións para o ano en curso e o programa de adestramentos.
  • Participar no Campionato Galego Absoluto.
  • Participar nas probas do circuíto WTA-ITF-ATP que se celebran en Galicia.
  • Participar en campañas publicitarias, recepcións ou clínics organizados por FGTenis.
  • Representar á FGTenis nas posibles seleccións autonómicas.

O programa concede as seguintes axudas aos xogadores incluídos neste programa:

  • Subvención do 50% dos gastos en torneos WTA-ITF-ATP, desde o día anterior ao inicio da participación na competición, ata o día seguinte ao da finalización da participación na competición.
    • Manutención cun máximo diario de 35 € / persoa.
    • Aloxamento cun máximo diario de 45 € / persoa.
    • Inscrición.
    • Viaxe, billete de avión ou se é en vehículo 0,26 € / km (ida e volta).
  • Todos os gastos deberán xustificarse mediante factura.
  • Posibilidade de cesión da furgoneta da FGTenis para o desprazamento. (dependendo da dispoñibilidade).
  • Os gastos deducibles están restrinxidos ao xogador/a.
  • Nas competicións nas que vaia acompañado do seu adestrador (terá que ser adestrador titulado), aboaráselle ao adestrador unha dieta de 75€/día (desde o inicio da participación ata a súa eliminación).

Comparte