Programa de tenis feminino profesional
Este programa está dirixido a todas as xogadoras galegas con licenza da Federación Galega de Tenis que participan no circuíto profesional de tenis (WTA).
As condicións para acceder a este programa son as seguintes:
- Ter licenza pola FGTenis
- Ser galega ou ter un mínimo de 2 anos de residencia en Galicia.
- Residir no ano en curso en Galicia.
- Participar en polo menos 6 eventos do circuíto feminino WTA-ITF.
- Presentar un calendario de competicións para o ano en curso e o programa de adestramentos.
- Participar no Campionato Galego Feminino Absoluto.
- Participar nas probas dos circuitos femininos WTA-ITF que se celebren en Galicia.
- Participar en campañas publicitarias, recepcións ou clínics organizados por FGTenis.
- Representar á FGTenis nas posibles seleccións autonómicas.
O programa concede as seguintes axudas ás xogadoras incluídas neste programa:
- Subvención do 50% dos gastos en torneos WTA-ITF femininos, desde o día anterior ao comezo da participación na competición, ata o día seguinte ao da finalización da participación na competición.
- Manutención cun máximo diario de 35 € / persoa.
- Aloxamento cun máximo diario de 45 € / persoa.
- Inscrición.
- Viaxe, billete de avión ou se é en vehículo 0,19 € / km (ida e volta).
- Todos os gastos deberán xustificarse mediante factura.
- Posibilidade de cesión da furgoneta da FGTenis para o desprazamento. (dependendo da dispoñibilidade).
- A cantidade máxima asignada a este programa é de 10000 €.
- Os gastos deducibles están restrinxidos á xogadora.
- As competicións nas que vaian acompañadas do seu adestrador (deben ser adestradores titulados) aboaránlle ao adestrador unha dieta de 70 € / día (contados desde o inicio da participación ata a súa eliminación).
Convenio
Ambas partes asinarán un convenio no que se comprometen a cumprir as condicións descritas no programa profesional de tenis feminino.
O incumprimento dalgunha das condicións do acordo terá a seguinte consecuencia:
- Reembolso de todas as axudas recibidas relacionadas con este programa.
A FGTenis terá en conta aspectos non relacionados coa xogadora que lle impidan cumprir algunha das condicións establecidas, como por exemplo unha lesión.
Prazo de solicitude
Nun período dun mes desde o 16 de marzo de 2021 ata o 16 de abril de 2021, as xogadoras poderán solicitar unirse ao programa mediante a inscrición no Formulario.