Programa de gastos por resultados

Ábrese o prazo para o envío dos gastos por resultados do ano 2020. O prazo para o envío de méritos remata o 14/03/2021 a través do seguinte formulario:

É necesario cubrir un novo formulario para cada resultado destacado, agás para os Campionatos de España, onde todos os resultados deben seleccionarse na táboa do formulario.

Na seguinte ligazón podes consultar a normativa completa do programa:

As condicións do programa son:

  • Licenza Federativa en vigor pola FGT.
  • Representar á FGT.
  • Participar nas actividades propostas pola FGT.
  • Permitir o uso da imaxe e actos promocionais.
  • Disputar o campionato galego da súa categoría e o campionato galego absoluto.
  • Orzamento máximo para o programa 6000 €. No caso de superar o orzamento asignado a este programa, aplicarase un coeficiente de redución que se asignará a cada xogador/a.

Para os torneos nos que a Federación Galega de Tenis organice unha viaxe, non se poderán presentar os resultados do torneo coas seguintes salvedades:

  • Que o número de prazas ofertadas non cubra a demanda.
  • Valoración do comité técnico das condicións particulares do xogador/a.
Comparte