Programa de axudas aos clubes

A Federación Galega de Tenis lanza un programa de axuda aos clubs que participan na competición por equipos da Federación Galega de Tenis, co obxectivo de reducir custos e premiar o esforzo e o compromiso dos clubs na promoción do tenis competitivo.

A Federación Galega de Tenis establece un máximo de gasto de 40.000 € neste programa. O período de cálculo realizarase cos equipos inscritos na tempada 2020-2021, é dicir, as inscricións das categorías Veteranos + 35, Veteranos + 40, Veteranos + 55 e Cadete que corresponden a 2020, e o resto das categorías das inscricións de 2021 (Benxamín, Alevín, Infantil, Junior, Absoluto, Veteranos +35 feminino, Veteranos +45 masculino, Veteranos + 60 masculino e Veteranos + 65 masculino)

Para o cálculo da axuda aplicaranse as seguintes porcentaxes de bonificación en función do número de equipos inscritos nas distintas categorías dos Campionatos Galegos por Equipos.

  • 1 equipo inscrito recibe o 100% da inscrición.
  • 2 equipos inscritos bonifican o 80% da inscrición.
  • 3/4 equipos inscritos bonifican o 70% da inscrición.
  • 5/6 equipos inscritos bonifican o 60% da inscrición.
  • 7 ou máis equipos bonifican o 50% da inscrición.
Condicións de acceso

Para acceder á axuda débense cumprir as seguintes condicións:

  • Estar ao día cos pagamentos con FGTenis.
  • Non ter sancións disciplinarias coa consideración de moi graves.
Prazo de solicitude

Do XNUMX de marzo de XNUMX ao XNUMX de abril de XNUMX, a través do Formulario.

Comparte