Programa de axudas a Clubes

Co obxectivo de reducir custos e bonificar o esforzo e compromiso dos clubes na promoción do tenis competitivo, a Federación Galega de Tenis pon en marcha un programa de axudas aos clubs que participan nas competicións por equipos.

O período de cálculo realizarase cos equipos inscritos na tempada 2021-2022, é dicir, as inscricións das categorías Veteranos +35, Veteranas +40, Veteranos +55 e Cadete que corresponden a 2021, e o resto das categorías. das inscricións de 2022 (Benxamín, Alevín, Infantil, Junior, Absoluto, Veteranas +35 feminino, Veteranos +45 masculino, Veteranos +60 masculino e Veteranos +65 masculino).

Para o cálculo da axuda aplicaranse os siguientes criterios:

  • 40% do custo total das inscricións.
  • Cada equipo inscrito ten unha bonificación directa de 13€.

Condicións de acceso

Para acceder á axuda débense cumprir as seguintes condicións:

  • Estar ao día cos pagamentos con FGTenis.
  • Non ter sancións disciplinarias.

Prazo de presentación

Do 18 de abril de 2022 ao 30 de abril de 2022.

Ligazón ao formulario para solicitar axuda: Formulario de solicitude

Comparte