Programa Bonolicenzas. Promoción de licenzas 2021/2022

A partir de hoxe os clubs galegos xa poden solicitar as suas bonolicenzas. Publicamos toda a información sobre este programa de promoción de licenzas:

Programa Bonolicenzas:

A Federación Galega de Tenis mantén o "Programa de subvención de licenzas" para a tempada 2021/2022.

Todos os clubs galegos poderán beneficiarse deste programa que ten como principal obxectivo promover novas licenzas.

A Federación proporcionará a cada club unha serie de licenzas homologadas en RFET gratis cada ano. Este número será o resultado de multiplicar as licenzas totais do ano anterior pola porcentaxe correspondente (redondeando ao alza se fose necesario).

Este bono de licenzas gratuíto pode usarse durante toda a tempada para xogadores/as que nunca estiveron federados/as.

Estas serán as porcentaxes iniciais segundo o rango de número de licenzas:

Número de licenzas Porcentaxe
Entre 0 e 5 0,3
Entre 6 e 15 0,25
Entre 16 e 20 0,2
Entre 21 e 30 0,15
Entre 31 e 40 0,14
Entre 41 e 60 0,12
Entre 61 e 80 0,1
Entre 81 e 100 0,09
Entre 100 e 130 0,08
Máis de 131 0,07

Unha vez consumidas as licenzas gratuítas, a Federación informará ao club correspondente. Estas bonificacións non se acumularán para a tempada seguinte.

A xestión dos bonos correrá a cargo dos clubs, que deberán solicitalo a partir do 5 de setembro de 2021.

Comparte