Proceso electoral

O 28 de febreiro de 2026 dáse por iniciado o proceso electoral da Federación Galega de Tenis coa publicación dos censos iniciais dos estamentos de clubes, deportistas, técnicos e árbitros.

Durante os 10 días hábiles que estén publicados estes censos iniciais, pódense presentar reclamacións e solicitar correccións enviando un correo electrónico a info@fgtenis.net

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tenis dispón dun prazo de 5 días hábiles para contestar e realizar as modificacións que considere oportunas.

Transcorrido o prazo, a Federación Galega de Tenis remitiraos á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo de 10 días hábiles e publicaranse os novos censos provisionais.

Podes seguir toda a información relativa a este proceso electoral neste apartado, que se actualizará segundo o calendario electoral que proximamente se aprobará, xunto co Regulamento Electoral.

Comparte