Proceso de selección director/a deportivo Real Club Tenis Coruña

O Real Club de Tenis Coruña puxo en marcha un proceso selectivo para incorporar a un Director/a Deportivo e de Xestión a sua plantilla.

O posto é o dun responsable que planifique e dinamice TODA a actividade deportiva do club (Tenis-Padel-Fitness-Piscinas...) e encargarse tamén da xestión de TODO o persoal da entidade, incluíndo oficina e mantemento.

O perfil idóneo é o das persoas que poidan ter unha traxectoria profesional como adestradores ou xogadores e que evolucionaron cara a áreas de xestión deportiva integral ou que teñen potencial para facelo.

Os interesados ​​teñen toda a información sobre o proceso e as funcións do posto na páxina web do Real Club Tenis Coruña.

Comparte