II Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense

Kristina Dmitruk logrou, con 18 anos, o maior título da súa curta traxectoria profesional no II Torneo Internacional Feminino Cidade de Ourense, que reparte 25.000 dólares en premios. A tenista bielorrusa foi claramente superior e gañou por 7/5 6/1 á bosnia Nefisa Berberovic, segunda favorita do torneo.

Despois de gañar un título de W15 en Túnez a principios da tempada, Dmitruk perdera dúas finais consecutivas de W25 en Georgia en maio. E a terceira foi o vencida. A xogadora de Minsk comezou a todo gas cunha rotura de servizo no primeiro xogo e certificando o break no seguinte. Aínda que Berberovic puido igualar a contienda en dúas ocasións con 3-3 e 5-5, nunca foi quen de adiantarse no marcador.

O undécimo xogo do primeiro set foi clave, xa que Dmitruk encadeou un inverosímil golpe gañador de revés paralelo á liña cunha maxistral deixada cruzada no punto posterior. Uns instantes despois, xa coas novas pelotas tal e como indica o regulamento, a bielorrusa selou o primeiro set co seu servizo. E xa non mirou atrás en ningún momento.

No inicio do segundo set, Berberovic non atopaba ningunha maneira de desarmar a sua rival e, tentando forzar a máquina, os erros non forzados acumuláronse demasiado. Non foi o día máis acertado nin moito menos para a bosnia, que en semifinais gañara á galega Jéssica Bouzas.

Con estes 50 puntos WTA que Dmitruk suma ao seu casilleiro, a flamante gañadora en Ourense achégase á barreira do Top 300 e continúa coa súa progresión moi alcista. A bielorrusa leva un récord de 38 vitorias contra 13 derrotas nesta campaña, un sinal de que está máis que preparada para retos maiores. Foi un luxo gozar do seu tenis durante toda a semana no Club Santo Domingo.

O calendario próximo de Dmitruk inclúe o W25 de Vigo esta semana e despois un W80 en Francia. No horizonte, os grandes escenarios do tenis mundial.

  • Basak Eraydin (TUR) - Chihiro Nakayama (JPN)

  • Dobres Bouzas, Martí, Cavallé, Cortez

  • Nahia Berecoechea (FRA)

  • Sowjanya Bavisetti (IND)

  • Yvonne Cavalle

  • Arantxa Rus

  • Basak Eraydin

  • Francesca George

  • Jessica bouzas

  • Jessica bouzas

  • Lucía Cortez

  • María Fernanda Herazo

  • María Mathews

  • Marta Huqing González Encinas

  • Nefisa Berberović

  • Rutuja Bhosale

  • Xiaodi ti

  • Yvonne Cavalle

  • Xiaodi ti

Final emisión en directo:

Semifinal emisión en directo:

Semifinal emisión en directo:

Programa especial 19/08/2022:

Prensa:

Patrocinadores:

Comparte