Prácticas JS/JL 1ª Proba Circuíto Head + Campionato Galego Infantil e Júnior
O CGAT informa que proximamente se celebrarán en Galicia os seguintes torneos nos que poderás realizar as tuas prácticas como Xuíz de Cadeira/Xuíz de Liña.
1ª Proba Galicia Head Tour e Campionato Galego Infantil e Junior
Lugar: CCD Sanxenxo e CC Mercantil e Ind.de Vigo
Días de competición: 24, 25, 26 e 31 de xaneiro; 1,2,7,8,9,14,15 e 16 de febreiro
Data límite de recepción de solicitudes: domingo 19/01 ás 20:00 h.
Se estás interesado en realizar as túas prácticas neste torneo, debes cubrir a solicitude adxunta e enviala a secretariacgat@fgtenis.net cunha copia a comite.arbitraje@fgtenis.net antes de que remate o prazo de recepción dese torneo ( Domingo 19/01 ás 20:00 h).
Lembrámosche os seguintes aspectos das prácticas:
1- Podes facer as prácticas ao teu ritmo. Ti escolles o club e o torneo (debe estar homologado). Intentaremos informarvos dos próximos torneos nos que poderiamos intentar que fagades as vosas prácticas.
2 – Non é obrigatorio que as comeces e remates no mesmo torneo. Podes ir facendo os partidos (JS) en varios torneos (con diferentes tipos de superficie de pista).
3 – O mesmo día fas tantos encontros como poidas e en coordinación co torneo/xuíz árbitro/titor, aínda que se recomenda facer un mínimo de 2 encontros de xuíz de cadeira (para que, despois do primeiro, poidas poñer en práctica consellos/correccións que che puideran dar).
4 – As prácticas como Xuíz de Liña deben realizarse nunha sola xornada (xornada enteira).
5 – Deberá estar sempre presente un titor de prácticas designado por esta Comité.
6 – Gastos de desprazamentos, dietas, etc. corren a cargo do alumno, sen axuda económica da Federación Galega de Tenis. Os gastos do titor (se os houbese) NON os asumirás.
7 – Ao remate da xornada de prácticas, o teu titor deberá asinar as prácticas que fixeras.