PR945C – Subvencións a Entidades Deportivas 2022

Onte, luns 12 de setembro, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C.

  • LIÑA I: desenvolvemento de actividades deportivas
  • LIÑA II: núcleos de adestramento deportivo especializado

Cando esta Resolución se publique no Diario Oficial de Galicia, as entidades disporán dun mes para solicitar o cobro e achegar a documentación xustificativa.