PR045C – Axudas Club – Secretaría Xeral
Hoxe publicáronse dúas importantes noticias na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte:
- A listaxe datos deportivos aportados polas federacións.
- A listaxe solicitudes a emendar, as inadmitidas e as admitidas.
Esta é a información que envían dende a Secretaría:
1º) Listaxe dos datos deportivos da liña I das entidades solicitantes de subvención e aportados polas federacións e que serán obxecto de valoración para a asignación das subvencións.
PRAZO à Ata o 08.04.2025 para presentar alegacións, no caso de desconformidade con estes datos aportados pola súa federación (a través da sede electrónica e empregando o formulario específico dispoñible na ligazón de abaixo).
Á data de publicación desta listaxe todavía non aportaron os datos as federacións de TENIS DE MESA, TIRO AO VOO e TIRO CON ARCO. As entidades afectadas (na listaxe figuran en vermello), deberán contactar coa súa federación para que acheguen á Secretaría Xeral para o Deporte os datos dos seus clubs solicitantes da subvención para que se poidan publicar (os afectados non deberán empregar neste momento o formulario de alegacións para achegar os datos, deberá facelo a súa federación; usar o formulario só cando estean publicados no caso de disconformidade).
2º) Resolución que se publicará o 01.04.2025 no Diario Oficial de Galicia coa listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas.
PRAZO Ata o 15.04.2025 para emendas/reclamacións.
As entidades que queiran emendar por incumprimentos ou débedas coa AEAT, a SS ou a Atriga, deberán achegar o correspondente certificado actual positivo.
RECORDATORIO
Recórdese que para ser beneficiaria destas axudas, é obrigatorio que a entidade teña aprobado o seu Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte e teña á persoa designada como delegada de protección correctamente inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia no primeiro semestre de 2025 (así como na plataforma Actfis-Galicia Activa).
Ligazóns de interese sobre o Protocolo: