Período extraordinario de inscrición Campionato Galego Júnior feminino de dobres
Despois da solicitude de varias parellas para a creación do cadro de parellas femininas do Campionato Galego Júnior (que non se puido completar no período ordinario de inscrición), imos abrir un período extraordinario de inscrición para as parellas que queiran inscribirse.
O período estará aberto dende agora ata o martes 6 ás 13:00 horas.