Corresponsables
O Catálogo de actividades pode consultarse nos seguintes enlaces, organizados por Provincias:
As ofertas poderán actualizarse a medida que avance o plan, incorporando novas ou modificando as publicadas.
A Federación Galega de Tenis en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade pon en marcha o Plan de Corresponsables dirixido a nenos e nenas menores de 16 anos cos seguintes obxectivos específicos:
- Crear emprego de calidade no sector dos coidados e o deporte.
- Promoción da actividade física saudable.
- Promoción do tenis.
Os obxectivos esenciais deste proxecto son, dar cumplimento ao PLAN CORRESPONSABLES e ademais, actuar directamente con programas e accións que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes fomentando a corresponsabilidade e favorecendo a conciliación dás familias con nenas, nenos, mozas e mozos menores de 16 anos inclusive.
Accións subvencionables:
Subvencionaranse actuacións de nova creación ou ampliación e mellora das existentes para nenas e nenos menores de 16 anos a través do tenis.
Duración do Plan
A duración total do Plan de Corresponsables é de 6 meses, dende o mes de xuño ata o mes de novembro.
As actuacións se ofertan por meses independentes.
Procedemento de acceso e inscrición
A xestión do acceso as diferentes ofertas de actividade realizarase do seguinte xeito:
- Publicación na páxina WEB da Federación Galega de Tenis e tamén en diferentes medios de comunicación e publicidade de tódalas ofertas de actividade.
- Establecer un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis, coa seguinte programación:
Meses | Apertura inscrición | Peche inscrición |
Xuño | 30/05/2022 | 06/06/2022 |
Xullo | 30/05/2022 | 15/06/2022 |
Agosto | 30/05/2022 | 15/07/2022 |
Setembro | 30/05/2022 | 08/08/2022 |
Outubro | 30/05/2022 | 15/09/2022 |
Novembro | 30/05/2022 | 05/10/2022 |
Trala primeira data de peche de inscrición 06/06/2022, os grupos que queden confirmados do resto dos meses terán preferencia, aínda que quede aberta a inscrición ata a data de peche.
- Cada oferta terá un número máximo de prazas.
- O número de prazas de cada grupo será de entre 4 e 8, tendendo a grupos reducidos.
- Se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas seguiranse o seguintes criterios de acceso:
- 1º Accederán as familias monomarentais, monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
- 2º Os grupos formaranse de forma inicial tendo en conta a idade, e posteriormente o nivel.
Para ampliar a información consultar as Bases do Plan.