Plan de Corresponsables – Tenis Praia

Iníciase unha actividade de tenis praia dentro do programa Corresponsables.

Dirixidos por Ignacio Garrido, os adestramentos terán lugar no ArenaZenter do Twelve Padel Center (Estrada Fragosiño, 30, 36214 Vigo, Pontevedra), que conta cunha pista cuberta de tenis praia.

A actividade será gratuíta e está dirixida a menores de 16 anos. Os criterios de acceso son os establecidos no programa de corresponsables, pero polas características da actividade terán prioridade as nenas e nenos de entre 10 e 16 anos.

No seguinte enlace todos os interesados ​​poden realizar a preinscrición. Os seleccionados recibirán un correo electrónico confirmando o seu acceso ao programa.

Comparte