Plan Corresponsables 2024
En 2023, a FGTenis participou no Plan de Corresponsables, con gran éxito de participación e alcance. Este ano 2024 hai posibilidades de que volvamos contar con este programa e queremos estar preparados para volver aproveitalo ao máximo, para iso solicitamos que todos os clubs, centros escolares e concellos que queiran participar envíen as súas propostas de actividades.
Ata que a Xunta confirme a concesión das axudas non coñeceremos as características nin os prazos, pero é importante coñecer a oferta de actividade para poder axustar o mellor posible os recursos ás solicitudes.
Os grupos serán entre 6 e 8 xogadores e as sesións mínimas serán de 3 días á semana, unha hora cada día.
A actividade desenvolverase entre a segunda quincena de agosto e outubro, en función dos recursos obtidos.
As opcións de relación laboral para participar neste plan son múltiples, pero ímonos centrar nestas liñas:
- Contratos directos pola FGTenis.
- Contratación dos clubs aos técnicos para a realización destes programas.
- Autónomos que facturan directamente á FGTenis.
Os perfís profesionais que poden optar a un posto de traballo son os seguintes:
- Instructores de Minitenis
- Monitor de Tenis e Técnicos de Nivel 1.
- Adestradores de Tenis e Técnicos de Nivel 2.
- Profesores de Tenis e Técnicos de Nivel 3.
- Técnico Superior en Educación Infantil*
- Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística
- Técnico Superior en Educación Superior en Integración Social.
- Monitores de Ocio e Tempo Libre
- Auxiliar de Educación Infantil ou Xardín de Infancia.
O obxectivo será crear emprego de calidade e favorecer a conciliación das familias.
O ámbito de actuación é en toda Galicia e o acceso ao programa terá prioridades de acceso que se determinarán nas Bases que se publiquen.
A data límite para enviar o formulario é o 26/07/2024.
A oferta de actividade pódese enviar no seguinte enlace (se hai máis dunha oferta de actividade, deberá enviarse un formulario por cada oferta de actividade).