Plan Corresponsables 2023

En 2022, FGTenis participou no Plan de Corresponsables, con gran éxito de participación e divulgación. Este ano 2023 son moitas as posibilidades de que se convoque de novo este programa, e queremos estar preparados para volver aproveitalo ao máximo, para iso solicitamos que todos os clubs, colexios e técnicos que queiran participar envíen as súas propostas de actividade.

Ata que a Xunta non publique as Bases non coñeceremos as características nin os prazos, pero é importante coñecer a oferta de actividades para axustar mellor os recursos ás solicitudes.

Este plan terá unha duración aproximada de 6 meses.

Para levar a cabo este programa é imprescindible contar cun gran número de técnicos formados.

O obxectivo será crear emprego de calidade e favorecer a conciliación das familias.

O ámbito de actuación é en toda Galicia e o acceso ao programa terá prioridades de acceso que se determinarán nas Bases que se publiquen.

A data límite para enviar o formulario é o 13/06/2023.

As opcións de relación laboral para participar neste plan son múltiples, pero ímonos centrar nestas liñas:

  1. Contratos directos pola FGTenis.
  2. Contratación dos clubs aos técnicos para a realización destes programas.
  3. Autónomos que facturan directamente á FGTenis.

O custo cubrirase ao 100%.

A oferta de actividade pódese enviar no seguinte enlace (se hai máis dunha oferta de actividade, deberá enviarse un formulario por cada oferta de actividade).

Comparte