Oferta de emprego FGTenis – Plan Corresponsable

A FGTenis está a desenvolver un proxecto de promoción e desenvolvemento do Tenis en Galicia a través do Plan Corresponsable da “Secretaría Xeral para o Deporte – Secretaría Xeral de Igualdade”

Este plan terá unha duración aproximada de 6 meses.

Para levar a cabo este programa é imprescindible contar cun gran número de técnicos que o poidan levar a cabo.

Os perfís profesionais que poden optar a un posto de traballo son os seguintes:

  • Instructores de Minitenis
  • Monitor de Tenis e Técnicos de Nivel 1.
  • Adestradores de Tenis e Técnicos de Nivel 2.
  • Profesores de Tenis e Técnicos de Nivel 3.
  • Técnico Superior en Educación Infantil*
  • Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística
  • Técnico Superior en Educación Superior en Integración Social.
  • Monitores de Ocio e Tempo Libre
  • Auxiliar de Educación Infantil ou Xardín de Infancia.

Para aqueles que non teñan formación específica en tenis impartiremos un curso gratuíto de Instrutor de Minitenis para poder realizar o programa.

O ámbito de actuación é en toda Galicia.

A data límite para enviar o formulario é o 21/03/2022.

As opcións para poder entrar neste plan son múltiples, pero imos centralo en dúas liñas:

  1. Técnicos que teñan disponibilidade para ser contratados pola FGTenis para a creación de escolas en concellos e centros escolares.
  2. Clubs ou centros deportivos que ofrecen horarios dispoñibles e técnicos para crear grupos de adestramento.

O custo total deste proxecto corre a cargo da FGTenis.

Ficha que deben cubrir os técnicos para a promoción en novas escolas: 

Formulario para os clubs que queiran ofrecer instalacións, horarios dispoñibles e os seus técnicos para aumentar a súa carga de traballo, así como para captar novos alumnos:

Formulario para os centros escolares:

Comparte