Miguel Casal gaña o Mestre Galego de Tenis

Os días 6 e 7 de xaneiro, o Concello de Ribeira en colaboración co Club de Tenis Punta Salera e a Federación Galega de Tenis, organizou o Máster Rexional Masculino 2006.

 

Miguel Casal Arantes, xogador número 1 de Galicia e 55 de España, foi o claro gañador do Máster galego de tenis masculino 2006, celebrado nas pistas de tenis dos pavillóns Coroso e Sirves do concello de Ribeira.

Na final enfrontouse a Hugo Taracido que tivo que retirarse por lesión despois do 64/30. A continuación ofrecémosche a táboa de resultados do Master para que poidas ver os resultados de todos os partidos.

A continuación fornecemos unha ligazón para que poida ver a nota de prensa que nos enviou a organización do Máster:

Comparte