Mellora condicións económicas e ampliación do prazo LiGaTe
LiGaTe amplía o prazo de inscrición ata o 18 de marzo e mellora as condicións para os clubs participantes.
A organización de LiGaTe – Liga Interclubes de Tenis para Tod@s decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o 18 de marzo e introducir melloras nas condicións económicas para os clubs participantes, co obxectivo de facilitar a participación e promover a creación de equipos en todos os niveis do tenis base.
A medida responde ao interese mostrado por numerosos clubs e ao compromiso de promover unha competición formativa accesible e adaptada ao desenvolvemento dos xogadores, tal e como establece o Regulamento Oficial da competición.
LiGaTe está deseñada como unha competición dinámica, con xornadas de duración controlada e un formato que garante unha alta participación dos xogadores na pista.
Novas melloras económicas para os clubs
Co obxectivo de apoiar os clubs que apostan polo tenis de base, introdúcense dúas medidas de bonificación que facilitarán a participación de máis equipos.
Bonificación para clubs con ampla participación
Os clubs que rexistren:
- un mínimo de 6 equipos, e
- polo menos 2 equipos en cada categoría
Poderán beneficiarse dunha tarifa máxima de 225 € para todos os equipos inscritos.
Esta medida ten como obxectivo apoiar os clubs cun maior número de xogadores e que desenvolvan actividade en todas as etapas do tenis de base.
Bonificación para os clubs participantes nos Campionatos Galegos por Equipos
Co obxectivo de recoñecer o compromiso dos clubs participantes en competicións oficiais federadas, establécese unha bonificación específica para aqueles clubs que teñan equipos inscritos nos Campionatos Galegos por Equipos Alevín e Infantil.
Nestes casos:
- Os clubs recibirán un desconto do 50% na segunda inscrición para cada categoría LIGATe.
Esta medida ten como obxectivo facilitar que os clubs ofrezan máis oportunidades de competición aos seus xogadores, especialmente a aqueles que non participan habitualmente nas aliñacións das competicións oficiais.
Ademais, os clubs poderán recibir simultaneamente esta bonificación e a bonificación polo número de equipos, sempre que cumpran os requisitos establecidos.
Categorías da competición
A competición estrutúrase seguindo a progresión metodolóxica do tenis base:
Etapa Vermella
Etapa Laranxa
Etapa Verde
Este sistema permite aos xogadores competir en formatos adaptados á súa idade e nivel de desenvolvemento.
Ampliación do prazo de inscrición
Para facilitar a organización interna dos clubs e permitir que máis entidades poidan participar na competición, decidiuse ampliar o prazo de inscrición ata o 18 de marzo.
Este novo prazo permitirá aos clubs:
- completar as súas plantillas de xogadores,
- valorar la inscrición en varias categorías,
- e organizar mellor a sua estrutura de equipos.
Unha competición pensada para o tenis formativo
LiGaTe nace coa vocación de converterse nunha competición de referencia para o tenis de base, promovendo:
- a participación real de todos os xogadores,
- desenvolvemento deportivo progresivo,
- espírito de equipo,
- e a convivencia entre clubs.
Con estas novas medidas, a organización busca facilitar a participación do maior número posible de clubs e xogadores de toda Galicia.

