Máster Galego de Tenis Absoluto 2025
O Máster Galego Absoluto 2025 coroa a David Cao e Maire Grace Ryan como novos campións.
O Máster Galego Absoluto 2025, celebrado nas instalacións do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo, puxo fin á tempada autonómica cunha edición de alto nivel que reuniu aos mellores xogadores e xogadoras do ranking galego.
Na categoría Absoluto Masculino, David Cao Pardal proclamouse campión tras derrotar na final a Borja Fernández Couto, nun partido marcado pola intensidade e o firmeza competitiva de ambos xogadores. Cao amosou un nivel de xogo destacado, pechando o torneo cunha vitoria que confirma o seu alto nivel deportivo. Fernández, finalista, tamén completou un Máster de gran calidade e regularidade, consolidándose como un dos mellores xogadores de Galicia.
Na proba Absoluta Feminina, Maire Grace Ryan Pias proclamouse campioa tras derrotar a Noa Rodríguez Sindín na final, nun partido trepidante e esixente. Ryan asegurou a súa vitoria grazas a unha mellora notable no seu servizo e agresividade no seu xogo, mentres que Rodríguez demostrou un alto nivel de xogo durante toda a competición.
A Federación Galega de Tenis destaca o éxito organizativo do evento e a alta calidade competitiva demostrada durante o torneo, consolidando unha vez máis o Máster como o evento de referencia do tenis absoluto en Galicia.
A Federación quere expresar o seu agradecemento a todas as entidades patrocinadoras e institucións colaboradoras que fan posible este evento. Recoñécese especialmente o apoio á Deputación de Pontevedra, seu compromiso continuado é fundamental para impulsar o desenvolvemento do tenis galego e fortalecer o tecido deportivo da provincia.
- Campión: David Cao Pardal
- Finalista: Borja Fernandez Couto
- Campioa: Máire Grace Ryan Pías
- Finalista: Noa Rodríguez Sindin
- Cubrir o modelo de liquidación (non esquezas cubrir o campo do número de conta con IBAN)
- Escanear ou sacar unha foto do DNI (polos dous lados)
- Envía ambos documentos a fgtenis@gmail.com ou a info@fgtenis.net.
Importante: é imprescindible que o documento estea totalmente cuberto e asinado.



















