Tomás Curras e Ana Nóvoa campión e campioa do Máster Autonómico Galego 2020

As instalacións do Sporting Casino Coruña acolleron a celebración do Master Autonómico 2020.

As finais celebradas o 17 de xaneiro de 2021 resolvéronse coa vitoria na categoría masculina de Tomás Currás ante o gran xogador local Juan Pardo e na categoría feminina, a nova xogadora Ourensana Ana Nóvoa derrotou a Ainara Vegal nun gran partido.

Queremos agradecer e felicitar a todos/as os/as xogadores/as, acompañantes e clubs polo seu esforzo e o cumprimento dos protocolos establecidos. O cumprimento escrupuloso dos protocolos é esencial para que poidamos seguir organizando torneos e desenvolvendo o noso deporte.

Na entrega estiveron presentes o presidente do Sporting Club Casino Coruña D. Juan José Medín Guyatt e o presidente da Federación Galega de Tenis D. José Mosquera Casero.

Comparte