Máster Galego Absoluto e Máster do Galicia Head Tour 2021

O CC Mercantil e Ind. De Vigo foi a sede do máster de tenis galego en categoría absoluta (16 xogadores e xogadoras coa mellor clasificación) e do máster do circuíto Galicia Head Tour, (8 xogadores e xogadoras mellores clasificados/as de cada categoría).

Na categoría masculina absoluta, o xogador do Real Aero Club de Santiago, Ander Tarrío, saíu vencedor tras vencer a Saúl Berdullas, do Club Family Los Tilos, nun apretado partido que tivo que decidirse no super-tiebreak 6 / 1-4 /. 6- (11/9).
En categoría feminina, Carla del Barrio, do Club Tenis Pontevedra, venceu á xogadora do Ureca Ana Nóvoa por 6 / 2-6 / 2.

No Galicia Head Tour, categoría júnior masculina, Andrés Pereiro, do Club de Tenis As Termas, venceu ao seu compañeiro de club, Samuel Martínez, por 2 / 6-6 / 3- (10/5).

Na categoría cadete masculina, Izan Díaz, de Ureca, venceu por 7 / 6-6 / 1 ao lucense Andrés Pereiro, mentres que en categoría feminina, Clara Arambillet, do Sp. Club Casino Coruña superou por 6 / 4-6 / 1. a Blanca Trillo, do Club de Tenis Coruña.

As mesmas xogadoras tamén se enfrontaron na final da categoría infantil feminina, repetindo victoria a coruñesa Clara Arambillet ante a Ferrolana Blanca Trillo, nesta ocasión por 6/0-6/1.

En categoría infantil masculina, o xogador do Real Club de Tenis Coruña Yeray Quián remontou o encontro ante Miguel del Castillo, do Club Family Los Tilos e resultou vencedor 6 / 7-6 / 2- (10-8).

No alevín masculino, a final foi disputada por dous xogadores do Real Club de Tenis Coruña e Ramón Talín venceu a Jorge Álvarez por 6/4-2/6- (10-4). En categoría feminina fíxose co título a xogadora do Club Tenis El Rial, Emma Baliña tras vencer a Ana Victoria Mella, do Club Tenis Coruña, por 6 / 2-6 / 0.

Ademais do máster, tamén se celebrou un torneo paralelo da categoría benxamín, no que Javier Orge do Sporting Club Casino Coruña venceu ao seu compañeiro de club Leo Sánchez por 4/2-4/1 e á xogadora do Club Family Los Tilos Maire Grace Ryan venceu a Iria Barreiro, do CC Mercantil e do Ind. De Vigo por 4/1-4/1.

Nas segundas divisións, os 4 finalistas foron xogadores do Mercantil de Vigo. Noel Ferro gañou a Álex González por 4 / 2-5 / 4 e o Elba de Prado gañou a Daniela Cid por 4 / 0-4 / 1.

Dende a Federación Galega de Tenis agradecemos ao CC Mercantil e Industrial de Vigo a cesión das súas instalacións e a boa predisposición para facilitar o desenvolvemento do torneo.

O tenis non para... remata o circuíto Galicia Head Tour 2021 pero en poucas semanas comezará o circuíto GHT 2022 !!

Felices festas!!

Campións e Campioas Máster Absoluto:

  • Campión Máster Absoluto: Ander Tarrío Ponte
  • Subcampión Máster Absoluto: Saul Berdullas Calviño
  • Campiona Máster Absoluto: Carla Del Barrio Blanco
  • Subcampioa Máster Absoluto: Ana Novoa Sánchez

Campións e Campioas Master GHT:

  • Campión Máster Junior GHT: Andrés Pereiro López
  • Subcampión Máster GHT Junior: Samuel Martínez Álvarez
  • Campión Máster Alevín GHT: Ramón Talín Maiz
  • Subcampión Máster Alevín GHT: Jorge Álvarez Mosteiro
  • Campioa Máster GHT Alevín: Emma Baliña Rodríguez
  • Subcampioa Máster GHT Alevín: Ana Victoria Mella García
  • Campión Máster GHT Cadete: Izan Díaz Estévez
  • Subcampión Máster GHT Cadete: Andrés Pereiro López
  • Campioa Máster GHT Cadete: Clara Arambillet Martínez
  • Subcampioa Máster GHT Cadete: Blanca Trillo Pita
  • Campión Máster GHT Infantil: Yeray Quian Darriba
  • Subcampión Máster GHT Infantil: Miguel Del Castillo Lampon
  • Campioa Máster GHT Infantil: Clara Arambillet Martínez
  • Subcampioa Máster GHT Infantil: Blanca Trillo Pita

Campións e Campioas Benxamíns:

  • Campión Benxamín: Javier Orge Cruz
  • Subcampión Benxamín: Leo Sánchez Pérez
  • Campioa benxamín: Màire Grace Ryan Pías
  • Subcampioa Benxamín: Iria Barreiro Navarro
  • Campión Benxamín 2ª: Noel Ferro Cobas
  • Subcampión Benxamín 2ª: Alex González Porras
  • Campión Benxamín 2ª: Elba De Prado Ons
  • Subcampioa Benxamín 2ª: Daniela Cid Cadero

Comparte