Máster Galego Absoluto de Tenis 2024

Do 6 ao 8 tivo lugar nas instalacións do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo o Máster Galego Absoluto masculino e feminino.

Na proba masculina Iago Salvador demostrou estar en gran forma. Na primeira rolda enfrontouse ao actual campión galego absoluto Iago Domínguez, saíndo vencedor cun resultado de 6-3 6-4. En cuartos de final e semifinais gañou con certa claridade a Pablo López e Izán Díaz. Na final enfrontouse Iago Salvador a Yeray Quán que realizou unha gran actuación durante todo o torneo. O primeiro set foi un claro 6-2 para Iago, pero no segundo Yeray reaccionou e fíxose con 5-3 a favor, todo apuntaba a un supertiebreak decisivo, pero a reacción de Iago permitiulle unha remontada que acabou con el gañando o set por 7 -6 e o ​​partido por 6-2 e 7-6.

Na proba feminina, a clara dominadora foi Aranai Martínez, que ata a final só perdera 3 xogos. Na final enfrontouse a Sol Junquera que fixo un gran torneo gañando os seus partidos con autoridade. A final foi moi bonita e disputada, pero Aranai demostrou unha vez máis que sabe xestionar os momentos importantes do encontro e logrou o título cun dobre 6-3.

Agradecer ao Mercantil a súa colaboración coa organización do torneo, e a todos os xogadores pola súa participación e o bo ambiente vivido estes días.

Crónica de Marco A. Casal

Lista de campións:

  • Campión Máster Galego – Iago Salvador Pita
  • Campioa Máster Galego – Aranai Martínez Quitana
  • Finalista Máster Galego – Yeray Quián Darriba
  • Finalista Máster Galego – Sol Junquera Martínez

Comparte