Martín De la Puente finalista de dobres do Sardinia Open

O xogador vigués de tenis en cadeira, Martín De la Puente, viaxou ata Alghero en Italia para disputar o Torneo Internacional Sardinia Open. Estes foron os seus resultados:

Gañou a Guilhem Laget (FRA) 6-0 6-2 na primeira rolda, a Gaetan Menguy (FRA) 6-1 6-4 na segunda e a Ruben Spaargaren (NED) 6-0 7-5. Nas semifinais caeu ante o número 1 do mundo, Alfie Hewett (GBR) cun resultado de 6-0 1-6 7-6(3), Alfie logrou ser o campión do torneo.

Na proba de dobres, Martín fixo parella co arxentino Gustavo Fernández. Chegaron á final eliminando aos italianos Giovanni Pilia e Edgar Andrés Scalvini (6-0 6-1) e aos británicos Ben Bartram e Alfie Hewett (7-6(2) 4-6 6-3).
Os neerlandeses Maikel Scheffers e Ruben Spaargaren impuxéronse na final cun resultado de 6-3 3-6 10-7.

Foto da edición de 2021