Martín De la Puente subcampión de dobres no Can Uner Open e clasificado para o Roland Garros

Martín De la Puente logrou o título de subcampión de dobres do Torneo Internacional Can Uner Open en Turquía e clasificouse para o Roland Garros.

Na proba individual, Martín derrotou a Jakub Dominik Bukala (POL) por 5-7 6-2 7-5 na segunda rolda e a Nico Langmann (AUT) 6-2 6-1 nos cuartos. Nas semis non logrou superar ao cabeza de serie número 1, Joachim Gerard (BEL), o resultado 7-5 6-3.

Na categoría de dobres, Martín fixo parella co seu compañeiro Daniel Caverzaschi. Gañaron a Francisco García Vena (ESP)/ Ji-Hwan Lee (KOR) cun resultado de 6-0 6-1 e a Nico Langmann (AUT) [4]/ Ruben Spaargaren (NED) 6-2 6-2, nas semifinais. Joachim Gerard (BEL) e Nicolas Peifer (FRA) foron os seus rivais na final, vencendo cun resultado de 6-1 3-6 [10-3].

Queremos felicitar a Martín por estes resultados e tamén pola sua clasificación para o Roland Garros, parabéns!

Comparte