Martín De la Puente no Torneo ITF de Tenis en Cadeira Bolton Indoor ITF2

Martín de la Puente abandona o ITF Chair Tennis Tournament Bolton Indoor ITF2 nas semifinais tras atoparse indisposto.

No cadro principal, Martín pasou exento da primeira volta e na segunda eliminou a Dermot Bailey (GBR) cun resultado de 6-3 6-1. En cuartos de final gañou a Ben Bartram (GBR) por un rotundo 6-0 6-0, en semifinais enfrontouse a Gordon Reis (GBR) pero Martín tivo que abandonar o encontro.

Martín comezará nuns días a súa xira por Estados Unidos.

Moita sorte Martín!!

Comparte