Dobre título de campión para Martín no I Catalonia Open by Fundación Emilio Sanchez Vicario – Fundació Tennis Catalá

O tenista galego Martín De la Puente está imparable. Conseguiu gañar os títulos de campión individual e dobres do I Catalonia Open by Fundación Emilio Sanchez Vicario & Fundació Tennis Catalá en Barcelona.

Martín venceu en oitavos a Enrique Siscar Mesenguer por 6-4 6-3 e en cuartos de final eliminou con facilidade ao arxentino Ezequiel Casco por 6-1 6-0.

Nas semifinais endosoulle un dobre 6-1 ao xaponés Takuya Miki, de 33 anos e número 13 do ranking mundial.

Tom Egberink, número 6 do ranking mundial, foi o seu rival na final. Martín comezou perdendo o primeiro set pero puido remontar e acabou levando o encontro cun resultado de 2-6 6-2 6-4.

Na categoría de dobres, Martín formou parella co seu compañeiro de selección Daniel Caverzaschi. Na final venceron claramente aos xaponeses Daisuke Arai e Kouhei Suziki por 6-3 6-0.

¡Parabéns!

Comparte