LXXXVI Campionato Galego Absoluto de Tenis – XVI Memorial Antonio Santorio
Rematou o LXXXVI Campionato Galego Absoluto de Tenis – XVI Memorial Antonio Santorio, que se celebrou xunto co Campionato Galego Benxamín e a 4ª Proba do Circuíto Galicia Head Tour, no Club de Tenis de Pontevedra.
Crónica:
Do 18 ao 27 de xullo de 2025, o Club de Tenis de Pontevedra acolleu tres dos eventos máis importantes do tenis autonómico: o 86º Campionato Galego Absoluto, o Campionato Galego Benxamín e a 4ª proba do Galicia Head Tour. Tres torneos que encheron as pistas gallegas de emoción, talento e espírito deportivo. O torneo tamén rendeu homenaxe á memoria de Antonio Santorio na súa XVI edición conmemorativa.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO
O campionato absoluto volveu consolidarse como o escaparate de máximo nivel do tenis galego, con participación estelar e emocionantes encontros en cada categoría:
• Individual masculino:
- Campión: Iago Domínguez Álvarez
- Finalista: Alejandro Vizoso Ansedes
• Individual feminino:
- Campioa: Noa Pena Paz
- Finalista: Blanca Trillo Pita da Veiga
• Dobres masculinos:
- Campións: Rodrigo Pérez Crespo / Dani García Suárez
- Finalistas: Jaime Barba García Borregón / Rodrigo Figueroa Vázquez
• Dobres mixtos:
- Campións: Ricardo Domínguez Munaiz / Paula Álvarez Domínguez
- Finalistas: Alejandro / Lucía Couso Fernández
Como broche de ouro, as finais foron retransmitidas en directo por streaming, o que permitiu ao público seguir a emoción desde calquera lugar. Se as perdiches ou queres revivir os mellores momentos, están dispoñibles na canle de YouTube da Federación Galega de Tenis.
CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN
Pequenos xigantes fixeron vibrar as pistas coa súa entrega e entusiasmo nun torneo que amosou a excelente canteira do Tenis Galego:
• Individual masculino:
- Campión: Marcos Viñas Fontán
- Finalista: Leo Edmundo Arce Wadecki
• Individual feminino:
- Campiona: Elena Escribano González
- Finalista: Valeria Alén Fernández
• Dobres masculinos:
- Campións: Leo Arce / Marcos Viñas
- Finalistas: Gabriel Vigo / Iago Fraga
4ª PROBA GALICIA HEAD TOUR
A cuarta parada do Galicia Head Tour reuniu xogadores de todas as divisións xuvenís, ofrecendo duelos intensos e oportunidades de crecemento:
| Categoría | Campión/ioa | Finalista |
| Junior masculino | Jorge Álvarez Mosteiro | Federico Cabrera Pérez |
| Junior masculino 2ª div. | Pedro Carreiras Lima | Dani Agrelo Villalba |
| Junior feminino | Sira Fernández Martís | Máire Ryan Pías |
| Cadete masculino | Pablo Somoza Remeseiro | Pedro Carreiras Lima |
| Cadete masculino 2ª div. | Hugo Espejo Molina | Luís Novás Rodríguez |
| Cadete masculino 3ª div. | Iago López Estévez | Aleix Gómez Morón |
| Cadete feminino | Paula Álvarez Domínguez | Sofía Villa Bento |
| Infantil masculino | Vinicius Costa Sestelo | Thiago Salgado Campos |
| Infantil masculino 2ª div. | Rodrigo Álvarez Negreira | Santiago Moreira Rodríguez |
| Infantil masculino 3ª div. | Guillermo Camba Vázquez | Rei Pacheco Pereira |
| Infantil feminino | Catalina Lariño Vidal | Yaiza Quián Darriba |
| Infantil feminino 2ª div. | Clara Justo Prieto | Nerea Souto Conde |
| Infantil feminino 3ª div. | Elisa López Navarro | Claudia Álvarez Negreira |
| Alevín masculino | Daniel Costa Sestelo | Hugo Luque González |
| Alevín masculino 2ª div. | Carlos Barba Domínguez | Lucas Vázquez García-Lluís |
| Alevín masculino 3ª div. | Loïc Gamarra Fabra | Pablo Nicolás Taboada Rodríguez |
| Alevín feminino | Carla Vines Fontán | Leire Vázquez Rodicio |
| Alevín femenino 2ª div. | Ana Sofía Machado Abreu | Iliana Pérez Lara |
Tenis con alma galega
Apoiado por institucións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e coa colaboración dos nosos patrocinadores habituais (HEAD, TENNISLIFE, MARVI, GADIS) e a colaboración do Club de Tenis de Pontevedra, o evento foi moito máis que unha competición: foi unha celebración do tenis, do esforzo colectivo e do futuro do deporte galego.
Fotos Galicia Head Tour
Importante: Para publicar as fotos necesitamos a vosa autorización. Se aínda non a enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net
Fotos de Galego Benxamin
Importante: Para publicar as fotos necesitamos a vosa autorización. Se aínda non a enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net
Fotos Absoluto
Importante: Para publicar as fotos necesitamos a vosa autorización. Se aínda non a enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net





































































