Liga MAPFRE de Tenis Praia 2024

A pasada fin de semana tivo lugar na Praia de Samil a terceira edición da proba de Vigo pertencente ao circuíto nacional da Liga Mapfre de Tenis Praia.

O sábado 6 de xullo celebráronse as probas absolutas masculina, feminina e sub 14 unisex, cos seguintes resultados:

  • Campións absolutos masculinos: Iván Delgado Dekany e Sergi Bagur Fedelich.
  • Finalistas absolutos masculinos: Iker Mateos Méndez e Luis Estrella Redonda.
  • Campioas absolutas femininas: Grimaresa Santana Navarro e Eva Santana Sánchez.
  • Finalistas absolutas femininas: Begoña Montenegro Prado e María Teresa Blanco González.
  • Campións unisex sub 14: Néstor Santana Sánchez e Alejandro Godoy Calvo.
  • Finalistas Unisex Sub 14: Gabriel Babio Filloy e Abril González Parra.

O domingo 7 de xullo celebráronse as categorías veteranos +35 masculino, veteranas +35 feminino e sub 18 unisex, cos seguintes resultados:

  • Campións veteranos +35 masculinos: Octavio Jesús Santana e Diego Negreira López.
  • Finalistas veteranos +35 masculinos: Juan Muruetagoyena Gonzal e Isaac Giménez Sánchez.
  • Campioas Veteranas +35 femininas: Begoña Montenegro Prado e Olalla Fernández Maroto.
  • Finalistas: Grimaresa Santana Navarro e María Teresa Blanco González.
  • Campións Sub 18 unisex: Abel García Caseiro e Axel González Lazaro.
  • Finalistas Sub 18 unisex: Iker Mateos Méndez e Luis Estrella Redonda.

Dende a Federación Galega de Tenis queremos agradecer ao Concello de Vigo e ao Verán Deportivo a boa organización do evento.

Comparte