Categoría absoluta da Liga Atlántica 2006

Os vindeiros 28 e 29 de outubro, nas instalacións do Club Internacional de Tenis Leiria, os equipos de Porto, Aveiro, Coimbra, Leiria e a Federación Galega de Tenis competirán na edición do 2006 da Liga Atlántica da categoría absoluta .

A Federación Galega de Tenis estará representada por Miguel Casal Arantes, Rodrigo Figueroa Vázquez, Iago Fernández Reija, Paola Garrido Rodríguez, Paula Alvarez Pino e Mariña Chaves Moledo.

A selección galega enfrontarase ao equipo gañador do partido entre Aveiro e Coimbra. Os partidos entre equipos serán: dous individuais masculinos, dous individuais femininos e un dobre masculino, feminino ou mixto.

A continuación ofrecémoslle a táboa de resultados:

Categoría absoluta da táboa da liga atlántica.

Moita sorte!

Comparte