As licenzas renovadas ou rexistradas a partir do 01/10/2023 terán validez ata o 30/09/2024

PROCEDEMENTOS PARA SOLICITAR A LICENZA:

Licenzas de club:

  • O xogador solicita a licenza ao club a través da aplicación FGT. http://oficina.fgtenis.net
  • O club acepta ao xogador na sección "Prefacturas de licenza" da aplicación.
  • O club debe "xerar prefactura" das licenzas aceptadas na FGT a través da aplicación.
  • O club deberá facer unha transferencia ao número de conta (ES83 2080 5527 0530 4000 0936) á FGT por cada prefactura xerada.
  • A FGT valida as licenzas e xera a factura aos clubs cando esté ingresado o importe das licenzas. Estas facturas están dispoñibles para o Club na sección de facturación de cada club.

Licenzas independentes:

  • O xogador realiza a transferencia ao número de conta (ES83 2080 5527 0530 4000 0936) e envía o xustificante de pago a info@fgtenis.net  (Os prezos están na circular de licenzas) Ademais, deberá indicar no correo a "provincia pola que realizou a solicitude" + independente e a seguinte información:
    • Nome:
    • Apelidos:
    • DNI:
    • Data de nacemento:
    • Sexo:
    • Nacionalidade:
    • Enderezo:
    • Localidade:
    • Provincia:
    • Código Postal:
    • Teléfono:
    • E-mail:
  • A FGT valida a licenza e envía a factura e o certificado ao xogador/a.

Comparte