Xogador@s de Galleg@s no Campionato de España Cadete 2021

Rematou o Campionato de España de tenis cadete 2021 no Club Internacional de Tenis, Majadahonda, Madrid. Estes son os resultados dos/as xogadores/as galegos/as:

Cadete masculino:

  • Ander Tarrío Ponte, superou a primeira rolda gañando 6-3 6-3 ante B. Traid Company, na segunda perdeu con R. Jodar Camacho 4-6 6-1 6-3.
  • Saúl Berdullas Calviño, venceu a M. Roncero Ros por 6-2 6-1 na primeira rolda, despois P. Hermoso Torres eliminouno por 6-2 6-2 na segunda rolda.
  • Alejandro Vizoso Ansedes, non conseguiu gañar a I. Parisca Romera no seu primeiro partido por 7-5 6-3.
  • Carlos Tubio Martín foi eliminado na previa 6-4 6-3 ante D. Zarco Campo.

Cadete feminino:

  • Aranai Martínez Quintana superou a primeira rolda superando por 6-2 6-3 a P. Guillen Cerver, na segunda volta non conseguiu gañar a C. Ramos Sierra por 6-1 6-2.

Dobres masculinos:

  • Ander Tarrío Ponte formando parella con F. Virgili Berini pasou á segunda rolda despois de gañar 6-2 6-3 contra Altur Fernández, A. / Morales Barrera, O. Nos oitavos non conseguiron superar a Giersiepen Garcia, M. / Roca De Togores De G, o resultado 6-4 3-6 [10-4].
  • Saul Berdullas Calviño e Alejandro Vizoso Ansedes venceron por 6-2 6-3 contra García Beitia, E. / Lafarga Verdeguer, G., logo pasaron a cuartos de final, por WO de La Torre Rivero, R. / Torres González, A. e finalmente perderon contra Álvarez Sarmiento, M. / Benito Fernandez N. cun dobre 6-4.

Comparte