Xogos FGTGames – Programa de Tecnificación 21-22

O pasado domingo, dende a Federación Galega de Tenis fíxose un recoñecemento aos xogadores participantes na Tecnificación Provincial 2021-2022.

Para iso, os xogadores foron convocados pola mañá, para poder ver as finais do Campionato Galego Absoluto, posteriormente celebrouse unha comida de convivencia e despois foron recoñecidos na entrega dos trofeos galegos absolutos, saíndo a recoller os seus diplomas despois de ser nomeados un por un.

Os asistentes foron:

  • Leo Fresco Campos
  • Ariadna Santamaría García
  • Irene García Enciso
  • Martín Rivas Montero
  • Diego Fernández Díaz
  • Alberto Piñeiro Torres
  • Icía Arctico López
  • Inés Ártico López
  • Jaime Alvarez Mosteiro
  • Maire Grace Ryan Pias
  • Pepe Lobeiras Fernández
  • Guillermo Ortigueira-Rivera
  • Ana Victoria Mella García
  • Manuel Zafra Lorenzo
  • Anxo Rodríguez Carracedo
  • Alejandro Parada Vigo
  • Sofía Villa Bento
  • Alejandra Lage Freire
  • Rolando José Figueroa Pérez
  • Juan Antonio Miguéns Vázquez
  • Samuel Souto Varela
  • Lucas Souto Varela
  • Iria Barreiro
  • Alexander Barreiro

Pola tarde, os adestradores da FGTenis, Marco Casal e Carlos Coira, coa colaboración de Rubén Justo e Sabela Barros, da Escola de Tenis Justo Al Revés, entregaron a estes xogadores as probas de avaliación que lles dan a opción de renovar a praza para o curso 2022-2023. tempada. Cabe destacar que a valoración de todos os xogadores asistentes foi positiva, polo que se renovaron para a próxima tempada. Parabéns a todos!!!

Os xogadores que non puideron asistir a estas probas terán a posibilidade de solicitar a súa renovación nas probas que terán lugar no mes de setembro (avisaranse datas e lugares).

Comparte