Xuíces designados Torneo Internacional Junior J2 Vigo Tennis Open

O CGAT, de acordo co CEAT e a organización, designa como xuíces do Torneo Internacional Junior J2 Vigo Tenis Open a: Jaime Loureiro Villar, José Fariñas Cid, Diego Vilar Loureiro, Carlos Peco Costas, Fernando Rodríguez Ferreira, Rubén Souto García, Manuel Martínez Baz e Álvaro Rivas Ares, sendo Mike del Cerro o Supervisor.

En función da dispoñibilidade dada polos xuíces, as necesidades organizativas e o supervisor, as designacións dos primeiros días son as seguintes:

  1. Domingo 9: xuíz itinerante, Álvaro Rivas Ares.
  2. Luns 10, martes 11 e mércores 12: xuíz itinerante, Fernando Rodríguez Ferreira.
  3. Xoves 13: xuíces de cadeira, Jaime Loureiro Villar, José Fariñas Cid, Fernando Rodríguez Ferreira e Rubén Souto García (a partir das 16 horas).
  4. Venres 14, sábado 15 e domingo 16, a decisión de designación a toma libremente o supervisor da lista contida no parágrafo primeiro.

O supervisor e a organización tamén reciben un informe sobre a dispoñibilidade de xuíces para últimos 3 días.

Comparte