Xornada formativa «Bonificacións Seguridade Social Lei 7/2024»

O día 25 de marzo de 2025, ás 17:00 horas, nas instalacións da Real Federacion Galega de Fútbol (Santiago de Compostela) terá lugar unha xornada formativa sobre as bonificacións da Seguridade Social para entidades deportivas amateur sen ánimo de lucro, en base á Lei 7/2024.

A xornada é gratuita e está organizada pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) en colaboración coa Confederación de Uniones de Federaciones Autonómicas Deportivas Españolas (CUFADE) e a Secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia, e está dirixida a federacións e clubs.

Comparte