Xornada de adestramento de Tenis en Cadeira entre a Federación Galega e a Portuguesa

O fin de semana do 22/23 de abril na cidade do Porto, organizado pola Federación Portuguesa de Tenis, celebrouse un adestramento no que participaron como convidados os galegos Álvaro Illobre e Daniel Prada.

A xornada celebrouse o sábado 22 de abril, mañá e tarde, e o domingo 23 de abril, en horario de mañá. Xogaron partidos individuais e dobres. A súa finalidade era que a selección portuguesa de tenis en cadeira de rodas que vai participar no Mundial de Vilamoura en maio puidese enfrontarse a xogadores de maior nivel para mellorar a súa preparación.

No mes de xuño intentarase realizar outra xornada de formación en Galicia.

Comparte