Jessica Bouzas, campioa do WTA Cairo de $15,000

A xogadora galega Jessica Bouzas Maneiro proclamouse campioa do Torneo Internacional Feminino do Cairo, no seu primeiro torneo como xogadora senior no Circuíto WTA.

No cadro individual, gañou a Farida Sabra (EGY) na primeira rolda cun dobre 60 e na segunda rolda á quinta cabeza de serie Anastasia Nefedova (USA) cun resultado de 61 76 (5).

Nos cuartos de final remontou contra a favorita Chanel Simmonds (RSA), 46 62 61. Despois, en semifinais desfíxose de Fanny Ostlund (SWE) cun dobre 64.

Na final, de novo remontou un primeiro set en contra ante a eslovaca Chantal Skamlova 26 75 63.

Jessica tamén participou no cadro de dobres, formando parella con Emma Davis (USA), gañaron o seu primeiro partido contra Anna Borovinskaya (USA) e Yasmin Ezzat (EGY) 75 62 e despois remontaron en cuartos de final contra as número dous, Vanda Lukacs (HUN) e Chantal Skamlova (SVK) 46 62 (10-8). Finalmente caeron en semis contra Fanny Ostlund (SWE) [3] e Sandra Samir (EGY) [3].

Comparte