Iván Martínez Barredo e Manuel Franco Ojea ascenderon a chapa de ouro e prata respectivamente

Os órganos reitores do tenis mundial (ATP, WTA, ITF e Grand Slams) celebraron a reunión anual na que estudan o traballo, as avaliacións e os méritos dos árbitros internacionais no mundo.

O árbitro, membro do CGAT, Iván Martínez Barredo foi ascendido a Gold Badge Referee (Xuíz Árbitro Chapa Ouro), mentres que o galego Manuel Franco Ojea é agora Silver Badge Chair Umpire (Xuíz de Cadeira Chapa Prata).

O presidente do Comité Español de Árbitros de Tenis, Gabriel Fernández Mourelle, congratulouse polo ascenso simultáneo de ambos.

Comparte