Inscricións gratuítas para o V Curso Monográfico de Lesións no Pé e Nocello no Tenis
A RFET infórmanos de que cada Federación Territorial conta con 6 invitacións en liña e 4 presenciais gratuítas para o V Curso Monográfico de Lesións de Pé e Nocello no Tenis, que se celebrará os días 21 e 22 de febreiro no Palacio da Magdalena de Santander.
O curso está organizado polo doutor Ángel Ruiz-Cotorro, director da Clínica de Tenis Teknon do grupo Quirónsalud e xefe dos Servizos Médicos da Real Federación Española de Tenis (RFET).
As dúas intensas xornadas de traballo abordarán as lesións específicas de pé e nocello no tenis, con relatores de recoñecido prestixio do sector, casos clínicos, mesas redondas e demostracións de casos prácticos in situ.
O encontro está dirixido principalmente a médicos deportivos, traumatólogos, adestradores, fisioterapeutas, preparadores físicos, readaptadores deportivos e estudantes de último curso de cada disciplina.
Os/as interesados/as deberán enviar un correo a info@fgtenis.net ata o luns, 17 de febreiro, indicando os siguientes datos:
- Nome
- Apelidos
- Número de licenza
- Interesado no curso presencial / en liña
As prazas adxudicaranse por orde de recepción.
IMPORTANTE: aumentouse o número de prazas gratuítas en liña.