Inicio Fases Finais Cadetes e Veteranas +40. Coordinación co Máster GHT

Infórmase a todos os equipos de que están en marcha as fases finais das seguintes categorías e divisións:
  • Campionato Galego por equipos de Veteranas +40 femininos en todas as súas divisións.
  • Campionato Galego por equipos Cadete feminino en todas as súas divisións.
  • Campionato Galego por equipos cadetes masculinos nas seguintes divisións:
    • División de Honra
    • Primeira división
    • Segunda división
Pendentes de programar a terceira e cuarta división de Cadete masculina.
As datas previstas para disputar estas fases finais son as seguintes:
  • 1/4 final(1ª ronda) 23-24/11/2024.
  • 1/2 final 30/11/2024 1/12/2024
  • Finais 14-15/12/2024.
Coordinación co Máster Galicia Head Tour:
Esta fin de semana, 23-24/11/2024, disputarase o Máster GHT nas instalacións do Mercantil de Vigo. Para que a coordinación sexa posible, informamos que:
  • O GHT xogarase os días 23 e 24 a partir das 14:00 horas.
  • Os equipos que teñan xogadores implicados no Máster GHT poderán modificar os seus horarios para que non coincidan cos partidos do GHT.
  • Os xogadores implicados deberán solicitar no correo  torneos@fgtenis.net modificación do horario para que os seus partidos se programen o máis tarde posible.
Comité de Competición
Federación Galega de Tenis

Comparte