Inicio da fase final da competición por equipos

Infórmase a todos os equipos de que xa están programadas as fases finais das competicións por equipos en xogo.

Se algún equipo necesita modificar o horario de xogo programado por coincidencia dos seus equipos, ten de prazo ata o mércores 24/11 ás 12:00 enviando un correo electrónico a info@fgtenis.net. As modificacións de horarios deberán ser as oficiais para a competición, é dicir:
  • Campionato galego por equipos cadete masculino ou feminino.
    • Sábado ás 10:00h.
    • Sábado ás 16:00h.
    • Domingo ás 10:00h.
    • Domingo ás 16:00h.
  • Campionatos por equipos de veteranos, + 35, + 55 masculino e + 40 feminino:
    • Sábado ás 16:00h.
    • Domingo ás 10:00h.
    • Domingo ás 16:00h.

Calquera outro horario terá que vir co acordo de ambos os equipos.

O comité de competición.

Comparte