III Internacional de Tenis Senior Santiago de Compostela

Do 4 ao 8 de outubro celebrouse nas instalacións do Real Aero Club de Santiago a terceira edición do Internacional de Tenis Senior Santiago de Compostela.

Os preto de 80 participantes na proba, patrocinada polo XACOBEO 21-22, representaron a 5 nacionalidades diferentes, e disputaron o título en 10 categorías individuais e 4 de dobres. Destaca que en total foron 7 as categorías femininas, reflectindo a alta porcentaxe de tenistas veteranas a nivel internacional.

En canto aos resultados, os locais Alberto Lado e Iván Tarrío levaron a vitoria en +30 e +40 respectivamente, mentres que o título máis internacional correspondeulle á categoría de dobres femininos +45, que lograron a mexicana Rocío Alcázar e a danesa Sonya Johnson. Este foi o cadro de honra:

Probas individuais:

  • Campión +30 – Alberto Lado Porto (Club USC)
  • Finalista +30 – Alvaro Cañas Bartivas (Real Aero Club de Santiago)
  • Campioa +35 – Joana Valente
  • Finalista +35 – Sandra López Guisado (Escuela de Tenis Justo Al Revés)
  • Campión +40 – Iván Tarrío Pereiras (Club Family Los Tilos)
  • Subcampión +40 – Luis Andre Pinho (AD Breaking Tennis)
  • Campioa +40 – Lucía Cortizas Seco (Casino Ferrolano Tenis Club)
  • Finalista +40 – Angeles Sicre Romero (Casino Ferrolano Tenis Club)
  • Campión +45 – Fernando García Díaz (Centro Deportivo D10)
  • Finalista +45 – Jesús Del Castillo Ramos (Squash de Santiago)
  • Campión +50 – Francisco Javier Rodríguez Menéndez (Real Club Tenis Coruña)
  • Finalista +50 – Juan Manuel Camiña Fernández (Círculo Cultural e Dtivo. Sanxenxo)
  • Campioa +50 – Olga Fernández Castiñeira (Club Tenis Nigrán)
  • Finalista +50 – Rocio Alcazar Toribio
  • Campión +55 – José M. García Fariña (CCD Sanxenxo)
  • Finalista +55 – Javier Cortizas Martínez (Casino Mercantil e Ind. Pontevedra)
  • Campioa +55 – Sonia Johnson
  • Finalista +55 – Teresa Castro Jorreto (Club de Tenis Nigrán)
  • Campión +65 – José Deus Brage (Club Tenis Redes)
  • Finalista +65 – Antonio Prado Sineiro (Círculo Cultural e Dtivo. Sanxenxo)

Probas de dobres:

  • Campión/Campioa Dobres Mixtos +35 – Lucia Cortizas Seco (Casino Ferrolano Tenis Club)/ Higinio Rivas Rodríguez (Casino Ferrolano Tenis Club)
  • Finalistas Dobres Mixtos +35 – Angeles Sicre Romero (Casino Ferrolano Tenis Club)/ Nicolas Prego Insua (Casino Ferrolano Tenis Club)
  • Campioas Dobres +45 – Rocio Alcazar Toribio / Sonia Johnson
  • Finalistas Dobres +45 – Teresa Castro Jorreto (Club Tenis Nigrán) / Olga Fernández Castiñeira (Club Tenis Nigrán)
  • Campións Dobres +45 – Juan Manuel Camiña Fernández (Círculo Cultural e Dtivo. Sanxenxo) / José M. García Fariña (CCD Sanxenxo)
  • Finalistas Dobres +45 – Javier Iglesias Varela (Club W) / José Manuel Pose Gerpe (Squash de Santiago)
  • Campións Dobres +65 – Jesus Botas Piñón (Club Tenis Redes)/ José Deus Brage (Club Tenis Redes)
  • Finalistas Dobres +65 – Jose Mosquera Casero (CD Dereiro Empresariais) / José Manuel Pose Gerpe (Squash de Santiago)

O torneo, que naceu en 2019 cunha clara vocación de continuidade e coa idea de medrar en participación e categoría, pode celebrarse grazas á participación de empresas patrocinadoras e colaboradoras, ás que o Real Aero Club de Santiago quere agradecer o seu compromiso co deporte federado internacional. Xacobeo 21-22 manifestou o seu interese polo deporte internacional patrocinando a competición, que contou tamén coa colaboración de: Federación Galega de Tenis, Quesos Bama , Conservas Ignacio González Montes , Maruxas de Nata , Quesos Bama , Clínica Pegadas y Turismo Concello de Santiago .

Real Aero Club de Santiago

Comparte