II Máster Galego de Veteran@s 2024 – Hotel H4

O pasado domingo rematou o II Máster Galego Veteranos de Tenis Hotel H4-Cluteca

O torneo recibiu xogadores de A Coruña, Santiago, Ourense, Sanxenxo e de todos os concellos do Morrazo, Vigo e zonas limítrofes.

Nesta segunda edición o tempo deu máis respiro que na anterior, xa que só o venres pola tarde e a madrugada do sábado fixo acto de presenza a auga, posibilitando o uso das pistas exteriores ademais das cubertas, o que o fixo máis atractivo o evento.

Por categorías, os finalistas foron:

Masculinas:

  • +35: campión – Nacho Trigo (Cluteca) / subcampión – Iago González (Tobeira) 6/2 6/3
  • +45: campión – Javier Iglesias (CT Padrón) / subcampión – Santi Domínguez (Cluteca) 6/2 7/5
  • +55: campión – Javi Palmás (Cluteca) / subcampión – Joaquín Silva (CCD Sanxenxo) 6/4 6/3
  • +65: campión – J.L. Padín (CCD Sanxenxo) / subcampión – Carlos González (Cluteca) 6/4 6/4

Feminina:

  • +35: campioa – Marga Outón (Indep.) / subcampión – Olga Fernández (Mercantil Vigo) 6/0 7/5

Unha vez rematadas as finais, celebrouse a entrega de premios e servíronse uns pinchos no Hotel H4, patrocinador do evento.

Dende o Club de Tenis Cangas agardamos seguir celebrando este evento en vindeiras edicións e acadar unha participación en categorías femininas similar ás masculinas.

Crónica de Jorge González

Director Deportivo Club de Tenis Cangas

Comparte